
Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos. As circunstancias que rodearon a súa publicación e a ambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios teñen servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúen á comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que desperta esta obra. Catrocentos anos despois de ver a luz, a modernidade destes textos segue resultando sorprendente, e o enfoque singular do bardo de Stratford fai que fique neles para sempre un halo de misterio. Nos sonetos asistimos a unha sorte de representación dramática onde unha voz meditativa vai debullando, en loita contra o tempo, os vaivéns do afecto e da paixón, da amizade e do amor, do anhelo e do desengano. Nesa percepción múltiple do teatro dos sentimentos danse cita os motivos máis diversos, desde a visión da natureza até a denuncia social ou a procura dunha trascendencia alén da morte. Ramón Gutiérrez Izquierdo presenta esta versión exemplar dos Shakespeare´s Sonnets acompañada de comentarios e notas sobre todos e cada un destes poemas, máscaras diversas do home das mil caras que foi.
[PDF y ePub] Sonetos de Shakespeare (Edición Literaria - Xerais Clásicos) Descargar (libros) en pdf
Sonetos de Shakespeare (Edición Literaria - Xerais Clásicos) - PDF eBooks Online Free Download
Descargar Sonetos de Shakespeare (Edición Literaria - Xerais Clásicos) PDF and EPUB
Descargar Sonetos de Shakespeare (Edición Literaria - Xerais Clásicos) (pdf, epub, mobi kindle)
No comments:
Post a Comment
Note: Only a member of this blog may post a comment.